Publicador de contidos

Publicador de contidos

As comisións de festas estudan como protexerse ante accidentes como o do Saltamontes de Vigo

As comisións de festas estudan como protexerse ante accidentes como o do Saltamontes de Vigo

Reuniranse o 30 de maio en Santiago a instancias da comisión de Matamá, despois de que xuíz sobresera a causa aberta contra o presidente 

"Isto que nos tocou vivir a nós pódelle pasar a calquera comisión", apunta Cristian González

 

O presidente da comisión de festas de Matamá, Cristian González, xunto a outros membros da organización (Europa Press) O presidente da comisión de festas de Matamá, Cristian González, xunto a outros membros da organización (Europa Press)
G24.gal 11/05/2026 11:58

A comisión de festas da parroquia viguesa de Matamá respira máis tranquila tras o auto xudicial que decretou o sobresemento parcial e provisional da causa aberta contra o seu presidente polo accidente mortal do Saltamontes ocorrido en agosto de 2024.

Cristian González fixo un chamamento á "unidade" de todas as comisións de festas populares de Galicia para que aborden as súas funcións e "ata onde chega" a súa responsabilidade. Estudan a convocatoria dunha reunión en Santiago para o próximo 30 de maio.

Cristian González agradece as mostras de apoio recibidas nestes case dous anos de instrución xudicial. O pasado 7 e maio, o titular do Xulgado número 3 de Vigo acordou sobreser a causa aberta contra el e contra o xefe da Policía local e procesou a edil de Seguridade do concello e o propietario da atracción.

González insistíu en que o labor da comisión de festas é "manter a tradición" dos festexos na parroquia de Matamá, pero non ordenar o precinto dunha atracción que non estaba autorizada.

"Isto que nos tocou vivir a nós pódelle pasar a calquera comisión", apuntou. Cre que o ocorrido pode servir de axuda e exemplo para todas as comisións de festas populares e fixo un chamamento á unidade.

Anunciou a convocatoria, aínda por pechar, dun encontro de comisións de festas de toda Galicia o próximo 30 de maio en Santiago para abordar as funcións das comisións, e fomentar a unidade "para facer fronte ao día a día".

A pesar da súa "satisfacción" pola decisión atoptada polo xuíz, Cristian recoñece que se trata dunha batalla máis e que, mentres o caso non estea pechado do todo con respecto á comisión, seguirán coa incerteza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade