Publicador de contidos

Publicador de contidos

A primeira comuñón custa de media ás familias un mínimo de 3.200 euros

A primeira comuñón custa de media ás familias un mínimo de 3.200 euros

O banquete é o que máis sobe o gasto

G24.gal 20/05/2026 18:47 Última actualización 20/05/2026 19:58

Por 200 euros é posible vestir de primeira comuñón. É a opción máis económica. Hainas máis caras.

"Este que ten encaixe nas mangas, nas costas e con cor adoita estar entre os 400 euros ou 450", explica Charo Souto, encargada de Novias Blanquita, da Coruña.

Para neno,  "o de almirante é o máis solicitado. Ten a súa chaqueta, chaleco, gravata. O que é o traxe completo anda sobre os 400 ou 500 euros dependendo do modelo", engade.

A medida que se suman complementos, o custo pode subir ata 300 euros máis. Outro gasto son as reportaxes fotográficas ou de vídeo, que poden combinar sesións de estudio, cerimonia ou exteriores.

"As comuñóns van desde os 300 euros ata os 1.300. Todo dependen de se só é fotografía ou foto e vídeo. Logo o que se paga é basicamente os acabados", comenta María Lara, fotógrafa de Tragaluz Estudio de Fotografía, da Coruña.

Pero o que realmente eleva o orzamento é o banquete. Aquí as cifras dependen do número de convidados e do menú escollido.

"Nós temos un prezo máis ou menos medio (por persoa) duns 45 ou 50 euros. Logo se queres máis extras vai máis para arriba", matiza Aitor Vilariño, do restaurante Finca O Cadaval, situado no concello de Frades. Atraccións, animadores, mesas doces. Para as familias segue a ser un día especial.

En España de media o desembolso mínimo é de 3.200 euros, segundo datos da Asociación Española de Consumidores. No outro extremo, o máximo sitúase preto dos 16.000 para unha celebración de 50 persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos