O ceo de Santiago, protagonista na noite do 24 de xullo
O Fogos das festas do Apóstolo serán retransmitidos nun programa especial desta casa que comeza as dez menos cuarto da noite e podes seguilo aquí
No espectáculo pirotécnico arderán 2.400 quilos de pólvora
A ladeira da Cidade da Cultura é un dos tres emprazamentos desde onde esta noite se lanzarán os fogos artificiais. 800 quilos de pólvora desde cada punto, para crear as imaxes dunha noite con valor simbólico para todos os galegos, e que poderán verse aquí, na Galega.
"Temos ese privilexio de que a través da televisión se poida ver. O desenvolvemento xa vedes que é un dos principais espectáculos pirotécnicos que se fan en España e un dos máis bonitos", declarou Juan Manuel Humanos, o responsable de Pirotecnia del Mediterráneo
Un evento visual e sonoro ao que se une o retorno ás proxeccións de videomapping no Obradoiro, sobre o pazo de Raxoi.
O ambiente festivo xa se nota desde onte, malia unha chuvia fina con influencia para atrasar un chisquiño as cousas, pero nunca para impedilas. Nun día que comeza coa Alborada e o desfile de xigantes e cabezudos, que segue a partir das nove na Quintana cos concertos, primeiro de Belem Tajes e despois da mexicana Lila Downs. E que remata mirando o ceo. Xa desde mediodía.
Tapando e destapando a montaxe das carcasas pirotécnicas, segundo a chuvia o permite, 19 persoas traballan para garantir para esta noite 16 minutos e 23 segundos de espectáculo visual.
"A cadencia do espectáculo, a orixinalidade dos efectos, as novas cores que temos en presentación aquí en Santiago.,.. esperamos que o tempo nos permita gozar de todo isto na noite de hoxe", dixo o encargado da pirotécnica.