Publicador de contidos

Publicador de contidos

Burela prepara a alfombra floral das súas festas patronais

Burela prepara a alfombra floral das súas festas patronais

Un cento de voluntarios colaboran neste exemplo de arte efémera feita en comunidade que a ser declarada de interese turístico galego

Cascas de sementes de xirasol e serraduras tinguidas de cores
Félix Aragunde 28/05/2026 21:34 Última actualización 28/05/2026 21:42

Os burelaos puxéronse mans á obra para lles dar cor ás súas rúas nas festas patronais. Ata un cento de voluntarios, organizados en varios grupos, colaboran na confección da alfombra floral que vai ornamentar a vila no día grande, o primeiro sábado de xuño. 

"A alfombra floral de Burela distínguese da maioría de alfombras florais de Galicia pola temática, que cada ano é diferente. Intentamos non repetirnos, e levamos 34 anos xa con diferentes temáticas. É unha incógnita ata datas anteriores á alfombra, e este ano vai orientada ás dezasete comunidades autónomas", explica Martín Lestao, presidente da asociación cultural Burela Floral

Como novidade, ademais de sal, area ou serraduras, tamén se utilizarán cascas tinguidas de cores nesta forma de arte efémera elaborada de xeito comunitario.

"Esa comunidade que se crea e que se fai, máis nesta sociedade actual en que nos volvemos cada vez máis individualistas e solitarios. Vir aquí e compartir chistes, grazas ou receitas, de todo, mentres se prepara o material, é o que fai o pobo", sinala Lestao. 

Con máis de tres décadas de historia, o tapiz floral das patronais de Burela aspira a ser declarado de interese turístico galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos