Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os festivais de música compiten co Mundial esta fin de semana en Galicia

Os festivais de música compiten co Mundial esta fin de semana en Galicia

A oferta destes días combina música, gastronomía e as tradicións populares antes do broche de ouro da final do Mundial que disputará España 

A CSAG presente no IKFEM Festival e no Atlantic Fest 

Carrilanas durante o descenso en Esteiro
G24.gal 15/07/2026 10:18 Última actualización 17/07/2026 14:40

Galicia tamén xogará o seu propio partido na terceira fin de semana de xullo repleta de música, tradición e gastronomía. O Big Sound, as Carrilanas de Esteiro e decenas de festas e festivais espallados por toda a comunidade conforman unha axenda con propostas para todos os gustos antes do gran peche o domingo. 

Música 

BigSound Festival (Pontevedra, 17 e 18 de xullo): o Parque de Tafisa acolle unha nova edición do festival de música urbana con artistas nacionais e internacionais. 

Ether Festival (Viveiro, 17 e 18 de xullo): a música electrónica regresa ao Parque Pernas Peón cun cartel que reúne DJ como Grace Dahl ou Oxygeno. 

Festival Aturuxo (Ourol, 17 e 18 de xullo): o folk e a música tradicional volverán ser protagonistas nunha das citas máis veteranas da Mariña. 

Molotov (Vigo, 16 de xullo): a banda mexicana actuará no Auditorio de Castrelos dentro da programación estival. 

Alejandro Sanz (A Coruña, 19 de xullo): o artista madrileño ofrecerá un dos concertos máis esperados do verán. 

IKFEM Festival (Tui, 18 de xullo): xornada especial coa Ponte Internacional como escenario. Progrmación chea de concertos, artesanía, gastronomía. 

Atlantic Fest: a CSAG participará como media partner, cun espazo propio durante o venres e o sábado. As persoas qe descarguen algunhas das aplicación AGalega, AGalegaAudio, Xabarin.gal recibirán un dos 1.500 puchos de "Mellor á Galega" ou unha pulseira de Xabarin.gal. 

Gastronomía 

Festa do Percebe (Xove, 18 de xullo): o percebe da Mariña volverá ser o gran protagonista dunha das citas gastronómicas máis destacadas do verán. 

Festa do Pemento do Couto (Narón, 18 e 19 de xullo): o produto estrela da horta naronesa contará con degustacións e actividades para todos os públicos. 

Festa do Viño (Meaño, 17 e 19 de xullo): os viños do Salnés protagonizan unha fin de semana de catas, gastronomía e música. 

Tradición 

Carrilanas de Esteiro (Muros, 17 ao 19 de xullo): a espectacular baixada de vehículos sen motor volverá reunir milleiros de persoas nunha das festas máis singulares de Galicia. 

Festas de Bouzas (Vigo, 17 ao 21 de xullo): o barrio mariñeiro celebra as festas do Cristo dos Aflixidos cun programa cheo de concertos e actividades. O domingo terá lugar o tradicional espectáculo pirotécnico. 

Feira Medieval (Noia, 17 ao 19 de xullo):  o casco histórico transfórmase nun mercado medieval con artesanía, música e animación. 

Festas do Carme e da Fraga (As Pontes, 17 ao 19 de xullo): concertos, actividades populares e verbenas protagonizan unha das grandes celebracións do municipio. 

Festas do Carme (A Illa de Arousa, do 15 ao 18 de xullo): A Illa celebra unha das súas festas máis emblemáticas, con procesións, verbenas, concertos e actividades, arredor da patroa dos mariñeiros.

Virxe do Carme (Marín, ata o 16 de xullo): a vila mariñeira vive os días grandes das súas festas patronais cun amplo programa de actos relixiosos, concertos, espectáculos, ademais da tradicional procesión en honra da Virxe do Carme. 

Festas do Carme (Rianxo, 15 ao 19 de xullo): a celebración combina actos relicxiosos dedicados á patroa dos mariñeiros, coa tradicional procesión marítima acompañada por concertos e verbenas durante varias xornadas. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade