Publicador de contidos

Publicador de contidos

Que facer esta fin de semana en Galicia?

Que facer esta fin de semana en Galicia?

O último gran cartel festivo de agosto chega con música, tradición, gastronomía e deporte

Unha rapaza filmando durante a anterior edición do Lingua Urbana Fest Unha rapaza filmando durante a anterior edición do Lingua Urbana Fest
G24.gal 28/08/2026 07:08 Última actualización 28/08/2026 09:30

A última fin de semana de agosto chega cargada de propostas para despedir o verán. Festas patronais, festivais de música, celebracións gastronómicas e citas deportivas repártense por diferentes puntos de Galicia, con Ferrol e a súa contorna como un dos principais focos de actividade. 

Festas e tradición 

Ferrol en festas (21 ao 31 de agosto, Ferrol): as festas da cidade afrontan a súa recta final con actividades e actuación musicais durante toda a fin de semana, antes de pechar a programación co espectáculo de fogos o luns 31. 

Festas de San Ramón e Santa María (28 ao 31 de agosto, Vilalba): Vilalba celebra as súas festas patornais con catro días de programación, música e actividades para todos os públicos. 

Noite Meiga (28 ao 30 agosto, Sarria): a vila lucense recupera a súa tradicional Noite Meiga, unha celebración marcada pola música, tradición e o ambiente festivo. 

Festa Castrexo-Romana Qui-Roma (29 e 30 agosto, Quiroga): Quiroga viaxa ao pasado cunha nova edición da súa festa castrexa e romana, que recrea a historia da localidade con actividades e ambientación histórica. 

Festa da Istoria (28 ao 30 agosto, Ribadavia): unha xornada que servirá para rememorar feitos históricos da vila ourensá. Festa declarada de Interese Turístico Nacional. 

Festa Anguía e Mostra da Caña do País (ata o 30 de agosto, Valga): unha xornada para degustar un dos peixes máis ricos do río Ulla, ademais da cata da Caña do País. 

Festa Normanda (do 27 ao 30 de agosto, Foz): Foz estrea unha nova edición da Festa Normanda, onde se poderá gozar dunha gran variedade de actividades como revivir o desembbarco vikingo ou a resistencia do obispo Gonzalo. 

Música e festivais

Lingua Urbana Fest (28 agosto, Santiago de Compostela): a música urbana toma Santiago cun festival que reúne diferetes artistas e estilos da escena actual. 

Wake Up SDC (29 agosto, Santiago de Compostela): a música electrónica será protagonista esta cita que levará á capital galga diferentes sesións e prpsotasde musica electrónica. 

Festival da Luz (28 ao 39 de agosto, Boimorto): A Coruña celebra o 15 aniversario do festival coa man de artistas nacionais e internacionais como Nena Daconte, Pablo Alborán  ou Ráfaga, entre outros. 

Deportes 

Pantín Classic Galicia Pro (ata o 30 de agosto, Valdoviño): a praia de Pantín acolle ata o domingo o ABANCA Pantín Classic, unha das grandes citas do surf galego. 

Gastronomía

Festa do Viño do Condado do Tea (28 ao 30 agosto, Salvaterra de Miño): a localidade pontevedresa celebra unha das grandes citas gastronómicas da fin de semana, dedicada aos viños da subzona do Condado de Tea. 

Festa do Polbo (29 e 30 de agosto, Ribeira): Palmeira renderá homenaxe ao polbo cunha celebración gastronómica que combinará degustacións, música e ambiente festivo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar