Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil e a GNR portuguesa interveñen 1.400 quilos de bivalvos

A Garda Civil e a GNR portuguesa interveñen 1.400 quilos de bivalvos

A Garda Nacional Republicana ( GNR) xunto á Garda Civil realizaron un control para a prevención do furtivismo de marisco co motivo das Festal de Nadal

Imaxe dos Gardas Civís e da GNR fronte ás bolsas de bivalvos interceptados-Garda Civil Imaxe dos Gardas Civís e da GNR fronte ás bolsas de bivalvos interceptados-Garda Civil
G24.gal 22/12/2025 14:30

 

O Seprona da Garda Civil de Tui e a Garda Nacional Nacional Republicana (GNR) de Portugal interceptaron nun control conxunto 1400 quilogramos de bivalvos.

Tal e como trasladou a Garda Civil nunha nota de prensa, a madrugada do pasado 19 de decembro realizouse un control da campaña de prevención do furtivismo de angulas e bivalvos, pola proximidade das festas do Nadal, na autovía A3 da localidade de Valença do Miño (Portugal).

Alí levaron a cabo tres inspeccións, nas que se interceptan 200 kg de berberecho, 500 kg de ameixas e 700 kg de ameixas, sendo estas de diferentes especies.

Segundo relataron, nunha das inspeccións detectouse que o vehículo onde transportan o marisco era roubado, polo que se interveu tamén.

Ademais, formulouse unha denuncia e posteriormente inmobilizáronse 375 litros de augardente sen documentar en destino (Ourense).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade