Evacúan unha embarazada e a súa filla tras arder unha tixola en Monforte
Os bombeiros extinguiron axiña o lume, pero ambas as dúas inhalaron unha gran cantidade de fume
A fachada do hospital de Monforte nunha imaxe de arquivo
Unha muller embarazada e a súa filla tiveron que ser trasladadas ao hospital por inhalación de fume despois de que ardera unha tixola nunha vivenda en Monforte de Lemos.
Varias persoas alertaron o 112 do incendio declarado este domingo na vivenda, situada nun edificio de catro andares na rúa Doutor Teixeiro. Os bombeiros extinguiron axiña o lume que só afectou a fritideira.
Así e todo, provocou moito fume polo que os servizos sanitarios decidiron enviar as dúa persoas que estaban no inmoble a un centro hospitalario.
Escape de gas
Tamén en Monforte, sobre a unha da tarde, os bombeiros desaloxaron un edificio da rúa Leopoldo Calvo Sotelo por mor dun escape de gas na zona de contadores.
A fuga produciuse na canalización exterior pero a veciñanza non poderá regresar ás súas vivendas ata que o persoal técnivo supervise a zona. Os servizos sanitarios tiveron que atender in situ unha persoa.