Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os PAC estrean novo horario, os sábados abren as 24 horas

Os PAC estrean novo horario, os sábados abren as 24 horas

Con esta novidade, o horario completo dos Puntos de Atención Continuada será de luns a venres desde as 15.00 ata as 8.00 do día seguinte e as 24 horas dos sábados, domingos e festivos

G24.gal 01/05/2026 17:37

Os Puntos de Atención Continuada (PAC) de Galicia estrearán este sábado novo horario, ao ser esta a primeira fin de semana tras a publicación do decreto que modifica a atención nestes puntos no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Pasarán a abrir o sábado as 24 horas, e non a partir das 15.00 horas como ata o de agora. O horario completo será de luns a venres desde as 15.00 horas ata as 8.00 do día seguinte e as 24 horas sábados, domingos e festivos. O anuncio desta medida suscitou críticas no seu momento entre asociacións de pacientes e sindicatos médicos, que consideraban que a modificación provocaría excesos de xornada, visto o déficit de persoal en primaria. 

A pesar de todo, tras ser aprobada polo Consello da Xunta, esta semana o decreto publicouse no DOG, co que a súa aplicación se fai lei. Desde a Consellería de Sanidade insistiron en que non hai motivos para pensar que se poidan rexistrar incidencias, asegurando que a atención está "garantida". 

A norma, lembraba o propio conselleiro, Antonio Gómez Caamaño, viña acompañada doutras medidas como a voluntariedade incentivada. Ademais, insistiu en que esta modificación responde á "natureza real" da atención e que xa se levaba a cabo, "de facto", en moitos puntos de Galicia. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade