Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo só precisa sumar un punto diante do Alcoi para garantir o primeiro posto

O Liceo só precisa sumar un punto diante do Alcoi para garantir o primeiro posto

Bruno Saavedra: "Ser primeiro dáche un beneficio moi importante que recibimos cos brazos abertos"

Foto Liceo
G24.gal 01/05/2026 11:44 Última actualización 01/05/2026 11:55

Gañar para ser primeiros. Esa é a fórmula pola que deberá loitar o Liceo nesta última xornada regular da OK Liga, previa ó comezo do esperado playoff polo título. Esta gran proba será en Riazor, coa súa xente e ante o Alcoi dentro de data unificada (venres 1 de maio, 19:15h).

Bruno Saavedra está de volta á ordes de Copa tras cumprir a súa sanción por acumulación de tarxetas azuis, sumado ó regreso xa definitivo de Toni Pérez despois de superar a doenza física que lle mantivo mes e medio fóra das pistas. 

Bruno Saavedra: "Ser primeiro dáche un beneficio moi importante que recibimos cos brazos abertos"

O obxectivo dos homes de Juan Copa será acabar a fase regular con 62. Esa cifra implicaría que os liceístas entrarían á promoción final desde a mellor posición posible, contando con factor pista en tódalas eliminatorias. A presenza por si sola está matemáticamente asegurada desde fai moitas semanas grazas ó excelente rendemento do equipo durante todo o curso.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade