Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Unión Deportiva Ourense ficha de urxencia o porteiro Yoel para xogar o 'play off'

A Unión Deportiva Ourense ficha de urxencia o porteiro Yoel para xogar o 'play off'

O porteiro Manu Vizoso mancouse no penúltimo partido do campionato e o club viuse na obriga de ir ao mercado

O vigués (37 anos) estaba retirado despois de xogar o ano pasado no Rácing

G24.gal 30/04/2026 14:19

Yoel Rodríguez (37 anos) volve ao fútbol para ser o porteiro da Unión Deportiva Ourense. O vigués asina para xogar a fase de ascenso despois de que o titular ao longo do campionato, Manu Vizoso, se mancase no penúltimo partido do campionato. O cadro ourensán quedaba só con Bruno Rielo para afrontar o treito decisivo e decidiu ir ao mercado para reforzar a portería. 

A xogada en que se mancou Manu Vizoso no partido do pasado domingo xogado en Carballo

O elixido coincidiu co adestrador Borja Fernández xogando co Valladolid en Primeira División onde ten unha ampla experiencia. Yoel saíu da canteira do Celta, co que ascendeu á máxima categoría, en que se consolidou como o porteiro titular na campaña 12-13. O seu bo facer levouno polo Valencia, Éibar, Raio Vallecano e o propio equipo pucelano. A temporada pasada foi o porteiro dun Rácing de Ferrol que descendeu á Primeira Federación.

Á Unión Deportiva Ourense quédanlle, polo menos, tres partidos para rematar a competición. O da última xornada da fase regular, que disputará diante do Atlético Astorga, e os dous que ten garantidos da primeira eliminatoria polo ascenso á Primeira RFEF.

En caso de superar dúas eliminatorias, o cadro ourensán asinaría un ascenso co que poucos soñaban alá polo mes de setembro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos