Rácing-Pontevedra: a pelexa polo 'playoff' pasa este sábado pola Malata
Rubén: "A tempada que estamos a facer é fantástica e queremos rematala cos 'playoff'"
Será ás 16:15 e poderá seguirse en directo pola G2
A pelexa polo playoff pasa este sábado pola Malata. O Pontevedra C. F. afronta o derbi ante o Racing de Ferrol coa convicción de que a marxe de erro se reduce e de que cada punto pode marcar diferenzas nunha clasificación cada vez máis apertada.
Rubén: "A tempada que estamos a facer é fantástica e queremos rematala cos playoff".
"Está claro que gañar na Malata sería un indicativo de que isto pode acontecer de verdade".
O Rácing de Ferrol, a sete puntos da fase de ascenso e dez por encima do descenso, ratificou o pasado domingo a irregularidade da súa tempada tras salvar un punto (2-2) ao bordo da prolongación do duelo na Malata ante o Real Avilés Industrial.