O At. Arteixo, con vantaxe despois da ida das semifinais polo ascenso á 2ª RFEF
Os de Arteixo venceron no Municipal ao Estradense cun gol de Pablo Martínez (0-1)
A outra eliminatoria comezou sen goles na Magdalena entre o Rácing Vilalbés e o Compostela
Comezou a fase galega de ascenso á segunda Federación, con dúas eliminatorias moi igualadas que se resolverán nos partidos de volta. Na Magdalena medíanse o segundo clasificado da Liga regular, o Compostela, e o Rácing Vilalbés. E o encontro acabou sen goles. Buscaron o gol os santiagueses, que mesmo estrelaron unha cabezada xa no tempo engadido, pero o empate a 0 non se moveu, e esta eliminatoria resolveráse no Vero Boquete, onde o Compostela tería vantaxe logo dunha hipotética prórroga pola súa mellor clasificación na Liga.
Na outra eliminatoria, entre o Estradense, cuarto clasificado e mailo terceiro, o Atlético Arteixo, pegaron primeiro os coruñeses. E fixérono cun gol solitario, logo dunha bonita xogada cun rexeitamento que aproveitou Pablo Martínez. Un gol no minuto 59 que deixa ao Arteixo con vantaxe para a volta, que se celebrará no seu campo e coa vantaxe da fase regular.