Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Compostela asalta a Segunda Federación cunha boa renda en Badalona (12:30h G2 e AGalega.gal)

O Compostela asalta a Segunda Federación cunha boa renda en Badalona (12:30h G2 e AGalega.gal)

Os de Secho gañaron por tres goles na ida no Vero Boquete

O Badalona xa remontou unha renda similar na semifinal contra o Cornellá (4-1)

G24.gal 21/06/2026 10:10

O Compostela quere volver á Segunda Federación pola vía rápida, xusto un ano despois de perder a categoría. Afronta o partido de volta da final polo ascenso en Badalona, que veremos en directo na G2 e en AGalega.gal.

Os santiagueses defenden en Badalona un 3-0, goles de Valín, Guisande e Charly. Quedan noventa minutos para materializar o ascenso. 

Pero no Compostela non se confían. O técnico, Secho afirma que é "un bo resultado, pero non estamos pensando nel. Estamos no ecuador da eliminatoria, queda un partido. O equipo sabe o rival que temos diante, tamém a oportunidade. Temos que deixalo todo e ir polo partido", indicou na previa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade