O Celta Zorka engade un novo paso para a historia
Levan 22 vitorias consecutivas na segunda división, mellor marca histórica
Nin cando foran campioas de Liga conseguiran unha xeira tal
Unha canastra de Bermejo no minuto final deulles o triunfo esta xornada
O Celta Zorka está de doce. E cada xornada que pasa engade un novo chanzo a súa historia. Esta xornada superou a un rochoso Ardoi, en Navia, e engadiu a vitoria 22 de xeito consecutivo, mellor marca histórica do club celeste e tamén da categoria. O Celta xoga na Challenge, a segunda división do baloncesto feminino.
Esta vitoria número 23 da tempoarada e 22 de xeito seguido chegou con sufrimento. Porque as galegas arrancaron frouxas atrás e Ardoi aproveitou para machucalas desde o perímetro. As navarras dispuxeron de ata 11 puntos antes do descanso, pero o Celta reaccionou e logrou alcanzar o intermedio un punto arriba (40-39).
A segunda metade seguiu o mesmo guión e Ardoi volveu abrir brecha. A falta de algo máis de 6 minutos para o final, dispoñía dunda renda de 11 puntos. O partido semellaba na súa man. Pero unha reacción brutal das galegas, capitaneada por Deva Bermejo, serviulles para gañar. A propia Deva anotou a canastra da vitoria a 40 segundos do final ( 76-74).