Publicador de contidos

Publicador de contidos

A UD Ourense estará na final polo ascenso á 1ª RFEF logo de eliminar ao Reus (2-1)

A UD Ourense estará na final polo ascenso á 1ª RFEF logo de eliminar ao Reus (2-1)

Rufo e Justino marcaron os goles que valen a clasificación dos ourensáns logo do 0-0 da ida

G24.gal 16/05/2026 20:05

A UD Ourense estará na última eliminatoria polo ascenso á Primeira RFEF. Os de Borja Fernández derrotaron ao Reus por 2-1 nun estadio do COuto co ambiente das grandes ocasións, e clasifícanse logo do empate sen goles da ida.

Saíu mellor o Reus, que fabricou un par de achegamentos á área da UD. Nun deles ampregouse a fondo Bruno Rielo para despexar. Pero aos poucos foi reaccionando o cadro galego, que se achegaba por primeira vez cun remate desviado de Champi. Á segunda, non perdoou Rufo. O goleador estaba no momento e lugar axeitados para empuxar á rede un gran servizo de Manu Nüñez, que colocaba a eliminatoria a prol da UD Ourense no minuto 7.

Logo dunha falta na frontal que Champi estrelou na barreira, volveu aparecer Bruno Rielo para negarlle o gol a Carbia. O cadro de Borja defendía ben, e contraatacaba con moito perigo: xusto a seguir, Migui internábase na área e sacaba un lategazo que se estrelaba no traveseiro.

Pero o Reus ía empatar nunha acción desafortunada. Á media hora de xogo, un balón dividido despxábao Samu, pero faltáballe contundencia e Carbia quedaba co balón, batindo por baixo a Bruno Rielo. O empate restablecía a igualdade, aínda que a UD seguía tendo vantaxe tras prórroga. Bruno detivo o último intento do omnipresente Carbia antes do descanso.

Na segunda metade o Reus deu un paso á fronte, mentres a UD cedía algo de terreo. A primeira foi un tiro lonxano ao que respondía Bruno Rielo cun paradón. A réplica volveuna crear o cadro do Couto con velocidade, cun remate de Varo sen problemas para Dani Parra.

Ese guión cumpriuse á perfección no minuto 71. Bruno Rielo volveu salvar cos puños un remate do Reus e, na contra seguinte, Hugo Busto atopaba a Xustino entre liñas, que definía no man a man para establecer o 2-1 favorable aos ourensáns.

Tocaba defender a renda nos últimos minutos, e o Reus non foi quen de inquedar aos galegos, que aseguraron o triunfo e, con el, a clasificación para a última rolda polo ascenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade