A UD Ourense saca un empate a cero de Reus que o deixa en vantaxe na eliminatoria de ascenso
O porteiro Bruno Rielo foi chave con boas paradas para manter a igualada
O Reus queixouse dun posible penalti, pero o árbitro non o indicou
A primeira eliminatoria polo ascenso á Primeira Federación resolveráse no Couto, logo do empate sen goles da UD Ourense no campo do Reus.
O porteiro Bruno Rielo foi o protagonista defendendo a meta dunha Unión Deportiva Ourense que vestiu de azul celeste.
O partido acabou sen goles. Cos ánimos moi quentes xa na primeira metade e na marcha ao descanso.
No segundo tempo Rielo seguiu a boa liña baixo paus, e o Reus protestou intensamente ao reclamar un penalti non indicado no minuto 80.
A eliminatoria queda pendente para a volta, o sábado vindeiro no estadio do Couto, aínda que o cadro galego terá a pequena vantaxe de que, se hai empate despois de prórroga, clasificaríase para a última rolda. Alí o Ourense non poderá contar con Labrada, expulsado no último minuto por segundo cartón amarelo.