O Coruxo cae goleado co At. Baleares (0-3) e queda ao bordo da eliminación
Os illeiros deixaron resolto o choque antes do cuarto de hora cun dobrete de Bover
Keita completou o resultado, que obriga aos galegos a unha milagre se queren pasar de rolda
Na ida da primeira eliminatoria polo ascenso a primeira RFEF, o Coruxo foi inferior ó Atlético Baleares.
Os illeiros saíron moito máis enchufados ao campo do Vao, e puxeron o emparellamento moi favorable logo de anotar nos seus dous primeiros achegamentos. Bover asinou o dobrete, primeiro aproveitando unha indecisión da defensa galega, e o segundo culminando unha acción espectacular ao primeiro toque.
O Coruxo tivo ocasións para meterse no partido, pero non estivo atinado. E na segunda metade chegou o terceiro, obra de Keita, que deixa a eliminatoria moi costa arriba para os vigueses, que terán que gañar por catro goles nas Baleares a semana vindeira se queren estar na segunda e definitiva eliminatoria polo ascenso.
