Cargando resultados...
Xabarín e Chicha, protagonistas no descanso do partido do ascenso do Obradoiro no Sar
As dúas mascotas intercambiaron carnets, para que Chicha sexa socio de honra do Xabarín, e o Xabarín sexa socio de honra do Obradoiro
G24.gal
08/05/2026 23:06
O Obradoiro recuperou a praza perdida hai dous anos na Lioga ACB. Fíxoo cunha gran vitoria sobre o Gipúscoa, nun Sar ateigado que vibrou cos seus e festexou despois o ascenso.
Pero, no descanso do partido, tomou protagomismo o Xabarín que se xuntou coa mascota do Obradoiro, Chicha, para facer un simbólico intercambio. Ámbolos dous animais intercambiaron senllos carnets de socios de honra, de xeito que o Xabarín pasa a ser socio de honra do Obradoiro, e Chicha do histórico club da Galega.