Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Obradoiro vence a Gipúscoa e volve á ACB dous anos despois

O Obradoiro vence a Gipúscoa e volve á ACB dous anos despois

O equipo santiagués destapouse na segunda metade e senteciou no último cuarto

O Leyma Coruña disputará o play off de ascenso para intentar acompañar aos santiagueses e ao Breogán

G24.gal 08/05/2026 22:47

Dous anos depois, o Obradoiro volve á Liga ACB. Faino como campión da fase regular da Primeira FEB, e logo dun pulso histórico co Leyma Coruña resolto, en parte, grazas á vitoria santiaguesa no derbi. E cun desenlace épico, no Sar, nun partido contra Gipuscoa que definía o futuro dos dous equipos. O Obradoiro ascende, e o Leyma terá que disputar o play off.

O Obradoiro tardou en entrar no partido, por detrás dos gipuskoanos nos primeiros minutos. E así foi durante todo o primeiro cuarto, malia a unha remonta dos santiagueses que, nos últimos segundos, si foron quen de tomar a dianteira.

No segundo cuarto, os santiagueses estiveron máis atinados, e levaron a iniciativa no xogo e o marcador, aínda que con vantaxes curtas. Un parcial de 9-0 mediado este segundo cuarto despexaba o camiño cara ao descanso con vantaxe. Chegouse cun 47-42 que deixaba todo para o segundo tempo.

No terceiro cuarto seguiu a igualdade, co Gipuskoa á busca dun triunfo que lle permitise manter a vantaxe de pista nos play off. Pero a motivación do Obradoiro, á busca do ascenso directo, non era menor. E, entrando nos últimos minutos, a vantaxe pasaba dos dez puntos cunha tripla de Andersson.

Entrou o partido no cuarte decisivo, xa co Obradoiro totalmente lanzado á busca do ascenso. A vantaxe seguía ancorada arredor deses dez puntos e, a falta de catro minutos, unha tripla de Westermann colocábaa en 16 puntos (79-63), desatando a tolemia no Sar, que xa albiscaba o ascenso. Os últimos catro minutos foron de festa, con siareiros e xogadores festexando a volta á Liga ACB dous anos despois. O Leyma Coruña, que agardaba a picada dos santiagueses, terá que buscar o mesmo destino a través do play off de ascenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade