Caetano Horta e Rodrigo Conde rozan a medalla Copa do Mundo de Lucerna
Os galegos quedaron ás portas do podio, a un segundo exacto dos Estados Unidos que foron terceiros
Foto Federación Españolade Remo
A Copa do Mundo de remo botou onte o peche á tempada 2026 coa disputa da súa terceira e última regata. E da mesma forma que sucedese na estrea do circuíto internacional, celebrado en Sevilla a finais de maio, a selección española, representada en Lucerna (Suíza) con 9 tripulacións, quedou ás portas das medallas, neste caso repetindo dúas cuartas posicións
En dobre scull masculino, o moañés Rodrigo Conde (Club Remo Miño) e o noiés Caetano Horta (Club Mar de Noia) volvían ser cuartos, como lles sucedeu na Cartuxa de Sevilla, tras outro apertado final nunha proba na que chegaron a posicionarse en postos de medalla ao paso polo ecuador da regata.
Finalmente, os galegos quedaban ás portas do podio con 6.21.82, a un segundo exacto dos Estados Unidos (6.20.82), que lle discutía a prata en foto finish a Serbia (6.20.53), mentres que o ouro era para Bélxica con 6.19.50.