Publicador de contidos

Publicador de contidos

O dobre scull de Rodrigo Conde remará na final A do Campionato do Mundo

O dobre scull de Rodrigo Conde remará na final A do Campionato do Mundo

O catro scull masculino en que compite Caetano Horta acabou no segundo posto da Final B

G24.gal 25/09/2025 09:55

O moañés Rodrigo Conde, canda Aleix García, remará a final A do Campionato do Mundo que se está a celebrar na localidade chinesa de Shangai. O barco de Conde rematou no terceiro posto, o último billete para loitaren o venres polas medallas. A parella romanesa acabou no primeiro posto, cun tempo de 6:31. A dous segundos remataron os irlandeses e os españois asinaron unha marca de 6:35. Serbia, Polonia e Suiza completan o elenco de embarcacións que estarán o venres canda Conde e García. 

O noiés Caetano Horta rematou a participación cun segundo posto na final B do catro scull (oitavo do mundo), na primeira experiencia conxunta dun equipo que busca formarse de cara aos Xogos Olímpicos dos Ánxeles. Horta compite a carón de Teixidor, Gonzalo García e Jordi Jofre abandonando o peso lixeiro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade