Prata para Rodrigo Conde e Caetano Horta nos Campionatos de Europa de Remo
Acadaron a segunda posición na proba de dobre scrull
Levan competindo xuntos dende fai só catro meses
Federación Española de Remo
Gran resultado para a parella Conde-Horta nos Campionatos de Europa de Remo en Varese. Esta mañá, obtiveron a medalla de prata na modalidade de dobre scrull. É a primeira para o dúo galego no circuito internacional, despois de quedar ás portas nas probas de Sevilla e Lugano, do circuito da Copa do Mundo. A proba gañárona os serbios Pimenov e Mackovic, que lideraron en todo momento.
Para Rodrigo Conde e Caetano Horta este resultado é un gran éxito. Non só por ser a súa primeira medalla, senón que tamén por só levar competindo xuntos catro meses. Os remistas do Club Remo Miño e Club Mar de Noia, respectivamente, atopan máis motivos para ser optimistas coa súa unión.
Está é a terceira medalla europea para Conde, e a primeira en categoría absoluta para Horta.