Publicador de contidos

Publicador de contidos

Astillero e Orio gañan os campionatos de traiñeiriñas na Pobra do Caramiñal

Astillero e Orio gañan os campionatos de traiñeiriñas na Pobra do Caramiñal

O equipo local levou o título na categoría cadete masculino e Cabo da Cruz impúxose no xuvenil feminino

G24.gal 25/05/2025 16:15

Orio comeza a brillar. Despois de todas as incorporacións realizadas para este 2025 gañou o título no estatal de traiñeiriñas celebrado na Pobra do Caramiñal este domingo. Coas novidades de Gorka Aranberri, Ander Zabala, Adrián González ou Oscar Medina máis o que xa tiña de anos atrás conseguiu gañarlle apartida a Ziérbena por 6 segundos e a Chapela por 17. O equipo adestrado por Juan Zunzunegui logrou o bronce ao impoñerse a Ares por menos de dous segundos. 

Na categoría feminina o galardón marchou cara terras cántabras. Astillero, que este ano se estreará na Liga Euskotrén, impúxose con oito segundos de vantaxe sobre Tolosaldea e catorce por diante de Chapela nunha final que dominaron desde o principio. 

Os dous títulos galegos chegaron nas categorías de base. En cadete masculino A Pobra levou a bandeira ao gañarlle a partida a Camargo e Deusto. Cabo da Cruz conseguiu o título na proba xuvenil feminina por diante de Pasai Donibane. O equipo guipuscuano puido tomar a revancha no xuvenil masculino mentres o cadete feminino marchou a Tolosaldea. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar