O Celta Fortuna asina a Vlad Silva
Chega cedido dende o Paços de Ferreira e ten unha opción de compra
Xoga de extremo esquerdo e xa xogou coa sub-17 de Portugal
O Celta Fortuna anuncia a súa primeira fichaxe. A pesar de ter pechados a Hugo Cuenca e Alexis Olmedo, o primeiro anunciado polo filial celeste é Vlad Silva.
É un extremo esquerdo portugués de 17 anos e vén dende o Paços de Ferreira. Cos portugueses disputou 26 encontros na segunda división portuguesa. Xogou tamén partidos na Taça de Portugal e coa selección sub-17 lusa (12 partidos, 2 goles).
Vlad Silva chega cedido con opción de compra para aportar proxección e polivalencia ao Celta Fortuna na súa primeira aventura na Liga Hypermotion.
𝗢𝗙𝗜𝗖𝗜𝗔𝗟 📣 Vlad Silva, primeiro reforzo do Celta Fortuna de @LALIGA2.
— Canteira Celeste (@CanteiraCeleste) August 4, 2026
O atacante portugués de 17 anos chega a Vigo procedente do Paços de Ferreira.
Bem-vindo, Vlad 🇵🇹