Publicador de contidos

Publicador de contidos

Angeliño volve á casa

Angeliño volve á casa

O de Coristanco regresa ao Dépor 14 anos despois

Chega cedido da Roma con opción de compra

G24.gal 04/08/2026 09:54

O Deportivo pecha a súa sétima fichaxe neste mercado. Angeliño volve á súa casa. O lateral esquerdo de Coristanco cumprirá o soño de xogar co seu equipo e reforzará o Dépor no seu retorno á Primeira División.

Angeliño chega despois de xogar en grandes equipos como o PSV, o Manchester City, o Leipzig, o Galatasaray e a Roma, equipo no que está dende fai dúas tempadas. Cos romanistas xogou 80 partidos con 4 goles e 7 asistencias.

Angeliño completará o lateral esquerdo e competirá con Giacomo Quagliata. O Dépor segue buscando un central e un xogador de banda para completar o equipo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade