Cargando resultados...
A TVG retransmitirá 12 partidos do Celta Fortuna esta tempada
O primeiro será o Celta Fortuna-Castelló, o luns 31 de agosto ás 21:30
G24.gal
04/08/2026 11:49
A Televisión de Galicia retransmitirá 12 partidos do Celta Fortuna na temapda 2026/27. O filial celeste xogará por primeira vez na súa historia en segunda división, e poderémolo seguir a través da TVG.
O primeiro partido que se poderá ver será o Celta Fortuna-Castelló da 3ª xornada do campionato. Disputarase o luns 31 de agosto ás 21:30 en Abanca Balaídos.