Cargando resultados...
Detido un veciño de Monterrei como presunto autor dun incendio forestal en Vilardevós
O lume iniciouse o 13 de agosto de 2025 e afectou 1.800 hectáreas
G24.gal
28/07/2026 12:03
Última actualización 28/07/2026 15:29
A Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia de Ourense detivo un home de 63 anos, veciño da comarca de Monterrei, como presunto autor dun delito de incendio forestal que afectou o concello de Vilardevós.
O incendio iniciouse o 13 de agosto de 2025 en Vilardeciervos, en Vilardevós, e afectou 1.800 hectáreas. As lapas, sinala o comunicado enviado este martes, obrigaron a confinar dúas poboacións durante os traballos de extinción.
As dilixencias por estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Verín, que investiga os feitos.