Publicador de contidos

Publicador de contidos

Seis escalas de cruceiros deixan esta semana máis de 30.000 visitantes na Coruña

Seis escalas de cruceiros deixan esta semana máis de 30.000 visitantes na Coruña

Xullo péchase con 13 escalas no porto, á espera das 24 previstas para o mes de agosto

G24.gal 28/07/2026 14:45 Última actualización 28/07/2026 14:56

Unha ruta polo Atlántico a bordo desta luxosa cidade flotante que ten en Galicia unha das súas escalas. A Coruña acolle unha das semanas máis completas do ano en turismo de cruceiros con máis de 30.000 visitantes polas rúas.

"Imos ter moitos turistas na cidade. Agardamos que gasten na cidade non só facer visitas. Tmén gastar os cartos", explica unha guía turística.

E é que as compras son unha das paradas ás que poucos se resisten.

"Algo compraremos. E tomaremos unha copa de viño ou unha cervexa", di unha turista británica.

Unha parada imprescindible para repoñer forzas na que triunfan as tapas.

"Dígolles que hai mais que tapas. Tamén outras cousas coma o polbo", asegura unha guía turística.

E este ano ninguén marcha sen levar un dos recordos de moda.

"Están preguntando moito por unha bola de Nadal de Coruña que temos aquí", di un comerciante.

Todo sen deixar de pasar polos lugares imprescindibles da cidade.

"A Torre de Hércules é o punto que máis les gusta ver. Tamén o paseo marítimo e o Monte de San Pedro", explica un guía turístico.

A Coruña quenta motores para o mes que entra con 24 escalas previstas. Entre elas os cinco transatlánticos que coincidirán na cidade para contemplar a eclipse do próximo 12 de agosto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade