Publicador de contidos

Publicador de contidos

O porto da Coruña recibe 8 cruceiros en 48 horas, coincidindo coa eclipse

O porto da Coruña recibe 8 cruceiros en 48 horas, coincidindo coa eclipse

Os cálculos apuntan a uns 20.000 turistas e un retorno económico próximo aos 2 millóns de euros 

G24.gal 11/08/2026 14:54

A Coruña quenta motores para unha data histórica. Como aperitivo do 12 de agosto o porto recibe unha tripla escala de cruceiros con máis de 11.000 turistas.
"Vimos de Irlanda do Norte. É a primeira vez que estamos na Coruña. É excelente", explica unha cruceirista.

O dispositivo especial montado pola Autoridade Portuaria inclúe un total de 200 persoas que se encargarán de coordinar a operativa do 12 de agosto con cinco transatlánticos nos peiraos da cidade.
"Neste tipo de escalas as saídas son escalonadas. Entre os prácticos e a Autoridade Portuaria organízanse bastante ben",asegura Domingo Pose, Capitán Martítimo da Coruña.

O comercia e a hostalería prepáranse para acoller aos máis de 20.000 visitantes."Hai moito traballo. É moi bo para a hostalería", di un hostaleiro.

Estímase que o retorno económico para a cidade pode roldar os 2 millóns de euros. Os buques permanecerán na cidade ata a tardiña. A maior parte verán a eclipse desde o mar. E será o Queen Anne o que permaneza na Coruña para contemplar a eclipse. E será o Queen Anne o que permaneza na Coruña para contemplar o espectáculo solar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade