Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferrol, no mellor agosto da historia en canto a tráfico de cruceiros

Ferrol, no mellor agosto da historia en canto a tráfico de cruceiros

A Autoridade Portuaria ten previsto pechar o ano con 22 escalas e arredor de 20.000 pasaxeiros

Comerciantes e hostaleiros din estar contentos coa chegadas dos turistas que fan incrementar os seus ingresos

G24.gal 19/08/2026 14:15

Ás oito da mañá aportaba un transatlántico aléman no peirao de Curuxeiras con 650 pasaxeiros a bordo. Algúns deles aproveitaron esta escala para coñecer os principais atractivos turísticos de Ferrol enchendo de ambiente e vida as rúas da cidade.

"Notase moito movemento". "Tiñan que vir máis", din os veciños. 

E favorecen tamén a actividade dos comerciantes e hostaleiros: "Estamos encantados porque fan gasto e nós temos máis ingresos".

É o cuarto cruceiro que chega a Ferrol neste mes e agardan outro o xoves 27 que converterá este agosto no mellor da historia do porto ferrolán en canto a tráfico de cruceiros.

"É o duodécimo do ano. Todos os cruceiros que veñen a Galicia, practicamente todas as compañías utilizan Ferrol e outros portos como Vigo, A Coruña ou Vilagarcía como escala para os seus turistas. E por iso os buques son de todo tipo: grandes, pequenos, de luxo, expedicións... E, sobre todo, ingleses, alemáns e americanos", explica Julio Hernández Sanmamed, xefe do Departamento de Explotación da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao.

E confían en que neste 2026 se consolide a tendencia crecente que vén experimentando este este de turismo en Ferrol.

"Temos previsto pechar o ano con 22 escalas e arredor de 20.000 pasaxeiros, superando as cifras dos últimos cinco anos".

E deste xeito reforzan a súa posición como un dos destinos de cruceiros do noroeste peninsular.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade