Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un accidente entre dous coche deixa feridas dúas persoas en Lousame

Un accidente entre dous coche deixa feridas dúas persoas en Lousame

As dúas persoas feridas tiveron que ser atendidas polo persoal sanitario desprazado

Bombeiros de Boiro Bombeiros de Boiro
G24.gal 24/07/2026 09:45

Unha colisión entre dous coches ocorrida a última hora do xoves no municipio santiagués de Lousame deixou feridas dúas persoas, que necesitaron ser atendidas polo persoal sanitario desprazado ata o lugar.

Minutos antes das 23:00 horas, un particular alertou o 112 Galicia de que ambos os turismos acababan de chocar no quilómetro 9 da DP-1104, á altura da parroquia lousamiana de Tállara,, segundo recolleu a central de emerxencias.

Ata o lugar desprazáronse o 061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Boiro, o GES de Noia e os voluntarios de Protección Civil da localidade. Unha vez alí, os servizos sanitarios confirmaron ao 112 que tiveran que atender as dúas persoas implicadas no accidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade