Publicador de contidos

Publicador de contidos

Laura, vítíma do Alvia: "Se non xestionas os traumas, tendes a encapsulalos e a angustia permanece"

Laura, vítíma do Alvia: "Se non xestionas os traumas, tendes a encapsulalos e a angustia permanece"

Trece anos despois do accidente que lles custou a vida a 80 persoas, sae á luz a primeira investigación sobre as consecuencias psicolóxicas da traxedia

Laura López Brión, vítima do accidente do Alvia e autora da primeira investigación sobre  as consecuencias psicolóxicas da traxedia Laura López Brión, vítima do accidente do Alvia e autora da primeira investigación sobre as consecuencias psicolóxicas da traxedia
G24.gal 24/07/2026 11:30

Trece anos despois do accidente do Alvia sae á luz a primeira investigación sobre as consecuencias psicolóxicas da traxedia. A súa autora coñece ben as secuelas do trauma porque é unha das sobreviventes. Viaxaba no Alvia coa súa nai e o seu irmán aquel 24 de xullo.

"Ía no tren coa miña nai e o meu irmán, volviamos a Ferrol despois de pasar as vacacions en Madrid. Pero na curva de Angrois tivemos o accidente e eles morreron no intre".

Trece anos despois da traxedia, Laura López Brión recorda o día en que todo cambiou. "Recordo moita angustia sen procesar, tiña 14 anos, non tiña ferramentas para a xestión emocional, non sabía como vivir a tristeza profunda de perder as dúas persoas que máis amaba".

Co tempo aquela nena atopou respostas na psicoloxía. E dedicou o seu traballo de final de máster a indagar nas secuelas do trauma entre os sobreviventes.

"Moitos enquisados dician que crían que superaran o trauma, pero ao ver as imaxes do accidente de Adamuz caeron na conta de que non xestionaran nada. Se non xestionas os traumas, tendes a encapsulalos e quedan aí. Fas vida aparentemente funcional, pero esa angustia está aí e maniféstase de diferentes maneiras. A eles pasoulles con Adamuz, a min, durante a pandemia".

Laura advertiu unha drástica diferenza na evolución dos que viviron a dor a soas e os que, coma ela e a súa tía, Xela Brión, se apoiaron nunha rede que sostivo a caída. "Nesa situación, o único que che queda son as persoas, o círculo de persoas que tes, a rede de amigos, é o máis marabilloso que temos, porque son os que te van acompañar na vida".

E pódese aprender algo do vivido? Hai luz despois do trauma? No seu estudo, Laura conclúe que si. "Non é todo tristeza, baleiro, angustia e sen sentido... iso é unha parte importante, pero despois diso tamén hai crecemento, aprendizaxe, e hai máis conexión, máis unión e mesmo máis amor ás persoas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade