Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denuncian o incumprimento do réxime de visitas no pazo de Meirás

Denuncian o incumprimento do réxime de visitas no pazo de Meirás

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica denunciou ante a Consellería de Cultura o "incumprimento sistemático" por parte da Administración Xeral do Estado

Europa Press Europa Press
G24.gal 28/07/2026 17:56

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña denuncia o incumprimento do réxime de visitas no pazo de Meirás en Sada.

A CRMH informou nun comunicado de que denunciou ante a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia o “incumprimento sistemático e constante” por parte da Administración Xeral do Estado do réxime de visitas que establece a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia.

Lembran que actualmente “é imposible acceder ás estancias interiores dos edificios”, o que contrasta coa etapa anterior, en que os herdeiros do ditador Franco eran os propietarios formais deste ben, e si permitían o paso.

A CRMH insiste en que “o Pazo de Meirás debería funcionar xa como un ben no que o acceso fose normal e amplo, e no que deberían existir actividades definidas para o desfrute público”.

Así, reclaman que se reformulen e convoquen as comisións de traballo previstas no protocolo que o Goberno do Estado impulsou e asinou no pazo de Meirás no ano 2021 para “avanzar na normalización democrática, convertendo Meirás nun verdadeiro espazo de memoria”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade