Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres mortos e un ferido crítico nunha pneumática con 82 persoas rescatada en Lanzarote

Tres mortos e un ferido crítico nunha pneumática con 82 persoas rescatada en Lanzarote

As salvamares Ácrux e Al Nair navegan nestes momentos cos sobreviventes e os tres corpos cara ao porto de Arrecife

Un dos sobreviventes, o que presenta peor estado de saúde, vai ser evacuado en helicóptero desde o mar ao hospital

SALVAMENTO MARÍTIMO SALVAMENTO MARÍTIMO
G24.gal 16/09/2026 08:56 Última actualización 16/09/2026 09:29

Tres persoas faleceron e unha quedou en estado crítico nunha lancha pneumática con 82 ocupantes que foi rescatada por Salvamento Marítimo esta madrugada a 131 quilómetros ao nordés de Lanzarote.

Segundo informou a EFE unha portavoz de Salvamento, as salvamares Ácrux e Al Nair navegan nestes momentos cos sobreviventes e os tres corpos cara ao porto de Arrecife, onde se espera que cheguen ao redor das 09:30 horas (de Canarias).

Un dos sobreviventes, o que presenta peor estado de saúde, vai ser evacuado en helicóptero desde o mar ao hospital.

Salvamento Marítimo precisou que a pneumática se atopaba en augas baixo responsabilidade de rescate de Marrocos, país que pediu a España que asumise a operación por falta de medios nese momento.

A ONG Caminando Fronteras asegura que as cifras de ocupantes e a súa posición coinciden coas dunha das alertas que facilitara ás autoridades españolas: a saída dunha pneumática con 82 persoas a bordo desde Tan Tan, no sur de Marrocos.

Esta é a segunda gran traxedia que se rexistra no que vai de setembro na ruta canaria da inmigración, considerada por Nacións Unidas como unha das máis perigosas do mundo. O pasado día 3, Salvamento Marítimo rescatou ao sur de Gran Canaria 44 persoas que levaban 26 días no Atlántico tras saíren desde Gambia cara ás illas nun caiuco.

Os rescatadores informaron de que había polo menos cinco cadáveres na embarcación que non puideron recuperar polo mal estado do mar. Con todo, a información facilitada polos sobreviventes e as súas familias indica que o saldo total de vítimas desa travesía foi de 83 persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade