Publicador de contidos

Publicador de contidos

Citado a declarar como investigado o edil de Cangas Antón Iglesias polo pago do ciberataque

Citado a declarar como investigado o edil de Cangas Antón Iglesias polo pago do ciberataque

Un xulgado investiga o concelleiro de Urbanismo do BNG polos delitos de prevaricación, malversación, danos informáticos e coaccións

A empresa informática contratada polo Concello recoñeceu nun informe que negociara cos autores do ciberataque e pagaría o rescate en bitcoins

Antón Iglesias, concelleiro de Urbanismo de Cangas. Concello de Cangas Antón Iglesias, concelleiro de Urbanismo de Cangas. Concello de Cangas
G24.gal 28/07/2026 17:20

A xuíza da Praza 2 do Tribunal de Instancia de Cangas de Morrazo (Pontevedra) chamou declarar, en calidade de investigado, o actual concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Medio Ambiente, Antón Iglesias (BNG), polo pago do rescate polo ciberataque sufrido no Concello hai xa máis de tres anos.

Suposto pago dun rescate de 200.000 euros 

Todo iso despois de que a Fiscalía de Pontevedra presentase denuncia no xulgado en outubro de 2024 en relación ao suposto pago dun rescate de case 200.000 euros por parte do Concello de Cangas polo ciberataque, ao ver indicios dos delitos de prevaricación, malversación, danos informáticos e coaccións.

Agora, segundo fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) consultadas por Europa Press, a xuíza investiga o actual edil de Urbanismo, aínda que naquel momento non ocupaba esa concellería asignada.

A causa instrúese polos delitos de prevaricación administrativa e malversación de fondos públicos, engaden as mesmas fontes. Tamén se investiga outra persoa, o titular da empresa informática.

A investigación de Fiscalía iniciouse despois de que o PP presentase denuncia polos feitos.

Cibertataque en maio de 2023 

O ciberataque ocorreu en maio de 2023 e semanas despois, o novo Goberno municipal, liderado por Araceli Gestido (BNG), contratou por algo máis de 5.000 euros unha asistencia técnica a unha empresa para facer un estudo dos sistemas afectados, que non resolveu o problema.

Un mes despois contratouse a mesma empresa cun novo contrato de "servizos de auditoría de descifrado e recuperación de ransonware", conseguíndose o desencriptado da maioría dos arquivos.

Con todo, a compañía recoñecería nun informe que negociara cos autores do ciberataque e puido pagar o rescate en bitcoins.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade