Publicador de contidos

Publicador de contidos

Inseguridade viaria na N-640 ao seu paso por Castro de Rei

Inseguridade viaria na N-640 ao seu paso por Castro de Rei

O gran número de accidentes rexistrados fai desta estrada unha das máis perigosas do país

Sinal preventivo que indica un tramo de concentración de accidentes especialmente perigo
Félix Aragunde 09/10/2026 13:55

Unha colisión frontal entre dous coches á altura de Viladonga, en que resultaron feridas tres persoas, foi o último accidente grave rexistrado na N-640 ao seu paso polo concello chairego de Castro de Rei.

Uns días antes, tamén neste mes de outubro, a tan só tres quilómetros de distancia, na parroquia de Ramil, outra vítima resultaba ferida de gravidade nun sinistro en que se viran implicados tres vehículos, dous turismos e unha formigoneira.

É dicir, un regueiro de sucesos que fan desta estrada unha das máis perigosas do país pola súa alta sinistralidade. 

"Teste que ir metendo pouco a pouco. Mirei para Lugo e non viña nada. Mirei para Meira e vin o matrimonio que tamén tivo o accidente, xa incorporado no carril. Como te tes que ir metendo, ía volver mirar para Lugo e xa blum. Non sei as voltas que dei", relata Asunción Rodríguez, vítima do accidente de Ramil. 

Para combater esta inseguridade viaria, Tráfico instalara unha serie de sinais preventivos de cor laranxa. Indican cada tramo de concentración de accidentes especialmente perigoso, onde a velocidade está sometida a unha maior vixilancia. Así e todo, seguen a rexistrarse sinistros coma os dos últimos días. 

Con máis de 50 quilómetros de lonxitude, o que vai de Lugo a Meira é o maior treito da estrada N-640 sinalizado como tramo de concentración de sinistros especialmente perigoso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar