Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detida tras denunciala unha moza por agredila sexualmente nun local de Lugo

Detida tras denunciala unha moza por agredila sexualmente nun local de Lugo

A arrestada está pendente de pasar á disposición xudicial 

TVG TVG
G24.gal 16/10/2026 13:27

Unha muller foi detida despois de que unha moza a denunciara por introducila contra a súa vontade no lavabo dun local nocturno de Lugo para consumar unha agresión sexual.

A Policía Nacional investiga os feitos, e a información que se facilitou á prensa este venres é que todo ocorreu na noite do mércores ao xoves e que a suposta vítima non coñecía a presunta agresora.

A arrestada foi trasladada aos calabozos e está pendente de pasar á disposición xudicial.

A moza foi conducida ao Hospital de Lugo para unha revisión médica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade