Tres detidos e varios axentes feridos en Pamplona durante un acto de Vito Quiles
A policía cargou contra os partidarios e detractores do axitador ultra, que queimaron colectores e guindaron pedras e botellas
Eduardo Sanz/Europa Press
A Policía Nacional e a Policía Foral de Navarra detiveron tres persoas, unha delas menor de idade, durante os incidentes rexistrados en Pamplona este xoves pola convocatoria dun acto de Vito Quiles.
Están acusados de desordes públicas e de atentado contra axente da autoridade. Os tres foron poron postos en liberdade ao longo da noite, quedando á espera de comparecer ante a fiscalía de menores ou ante a autoridade xudicial.
Os incidentes rexistráronse durante a convocatoria dun acto do axitador ultra na praza Yamaguchi da capital navarra. O acto deu lugar a manifestacións en contra e a incidentes nos que se lanzaron pedras e botellas e cruzáronse e queimaron contedores nas inmediacións. Ante eses incidentes a policía interveu con material disturbios.
Durante as protestas varias persoas foron atendidas de diversas feridas por persoal de DYA Navarra. Entre eles, catro axentes da Policía Nacional con lesións leves, segundo indicou a Delegación do Gobierno.