Topan un home morto e a súa dona ferida por arma de fogo en Lena (Asturias)
O matrimonio, de 70 anos, foi localizado no interior da súa vivenda sobre as 10:00 horas
Segundo informa a Garda Civil, nun primeiro momento deron por morta a muller
Descártase a participación de terceiras persoas e que se trate dun caso de violencia machista
Unha ambulancia na vivenda do matrimonio. EFE/Eloy Alonso
A Garda Civil tenta esclarecer as circunstancias da morte a tiros dun home no interior da súa vivenda na parroquia de Columbiello, no municipio asturiano de Lena.
A súa dona, que nun primeiro momento deron por morta, quedou malferida. Ambas as dúas vítimas, de 70 anos, presentan feridas de arma de fogo.
Segundos fontes próximas á investigación, descártase a participación de terceiras persoas e que se trate dun caso de violencia machista. Un familiar localizou o matrimonio tras recibir unha chamada telefónica da muller.
A Unidade Orgánica de Policía Xudicial do Instituto Armado fíxose cargo das pescudas para aclarar as circunstancias do suceso e activou o correspondente protocolo xudicial.
A casa das vítimas está na parroquia de Columbiello. EFE/Eloy Alonso