Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio a carón dunha nave en Vilamartín de Valdeorras queima un camión e dous vehículos

Un incendio a carón dunha nave en Vilamartín de Valdeorras queima un camión e dous vehículos

Descoñécense polo de agora as causas que provocaron ou incendio e non están avaliados os danos, aínda que se consideran importantes

G24.gal 23/04/2026 13:15

Un incendio a carón dunha nave en Vilamartín de Valdeorras queimou un camión e afectou dous vehículos máis.

O incendio iniciouse no exterior dunha nave, situada no lugar de Arcos. O lume, que partiu da zona de talleres, propagouse ao exterior, calcinando un camión e afectando dous vehículos, que arderon parcialmente.

Acudiron ao lugar e conseguiron extinguir ou incendio pasadas unhas horas os bombeiros e o GES de Valdeorras.

Descoñécense polo de agora as causas que provocaron o incendio e non están avaliados os danos, aínda que se consideran importantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade