Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atraca en Vigo o iate de 75 milllóns do cofundador de Whatsapp

Atraca en Vigo o iate de 75 milllóns do cofundador de Whatsapp

A embarcación ten 73 metros de eslora

G24.gal 29/04/2026 20:59

O superiate Mogambo volve recalar en Vigo. A embarcación de Jan Koum, cofundador de Whatsapp, leva días amarrada  en Bouzas, nas instalacións de Marina Davila.

A embarcación, de máis de 73 metros de eslora, navega con bandeira das Illas Caimán e está valorada nuns 75 millóns de dólares.

Esta non é a primeira vez que o Mogambo atraca en Vigo. O pasado mes de setembro, os seus propietarios volveron escoller o porto galego para unha das súas escalas. 

O seu imponente tamaño non pasa desapercibido e pon de manifesto ademais a importancia de Vigo como porto de acollida de grandes embarcacións, tanto para estancias como para traballos técnicos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade