Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tentan endereitar un arrastreiro que quedou escorado por accidente no porto de Vigo

Tentan endereitar un arrastreiro que quedou escorado por accidente no porto de Vigo

Durante unha manobra de subida á bancada en Estaleiros Montenegro, en Teis, o pesqueiro quedou varado

(Porto de Vigo vía Europa Press) (Porto de Vigo vía Europa Press)
G24.gal 10/06/2026 11:14

Especialistas estudan distintas solucións técnicas para proceder a endereitar o arrastreiro Pepe Barreiro, que este martes quedou encallado durante unha manobra de subida á bancada nas instalacións de Estaleiros Montenegro, na zona de Ríos, en Teis.

Segundo informou este mércores o Porto de Vigo, Capitanía Marítima realiza seguimento da situación para supervisar a evolución da operación.

A incidencia produciuse por mor dun problema mecánico no sistema do estaleiro durante a operación de varada.

Como consecuencia, o buque quedou apoiado e notablemente escorado na bancada e tratan de endereitalo.

Non se rexistraron danos privados nin verteduras como consecuencia do incidente, e adoptar medidas de precaución na instalación.

O Pepe Barreiro é un arrastreiro construído en Marín que desenvolve a súa actividade pesqueira baixo pavillón francés e ten a súa base na localidade francesa de Baiona

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade