Publicador de contidos

Publicador de contidos

Símbolo do pasado indiano de Fene, o antigo Cine Adriano busca quen lle dea continuidade

Símbolo do pasado indiano de Fene, o antigo Cine Adriano busca quen lle dea continuidade

"Sería para amañalo e face aquí un cine, un restaurante ou unha sala de concertos", apunta o seu dono

G24.gal 13/02/2026 21:36 Última actualización 13/02/2026 22:16

Foi a última contrución dun indiano, veciño de Barallobre, que fixera fortuna en Cuba.

O Cine Adriano abriu as súas portas en 1947 converténdose en epicentro da vida social de Fene e arredores.

"Aquí viña todo o mundo de varias parroquias, era o sitio onde se coñecían uns e outros, aproveitaban para verse, para quedar", explica o arquitecto José Manuel García quen no seu Traballo de Final de Mestrado da Universidade investigou sobre a historia e rehabilitación do edificio.

"Había moitas persoas nas sesións do cine. Cabían 389 persoas entre o patio de butacas e os palcos", comenta Adriano Fernández, copropietario xunto ao resto de persoas herdeiras do inmoble.

A súa singulariedade faino único.

"A sala é como un teatro. Ten forma de ferradura como os teatros de estilo italiano e con palcos en altura", engade José Manuel García.

A última película proxectouse en 1972 e pechou.

Un grupo de teatro e logo unha asociación cultural trataron de recuperar o espazo. Sen éxito.

"A día de hoxe o problema que ten o cine é que entra auga por todos os lados. A cuberta está bastante mal e o tellado tamén", sinala o arquitecto.

Con case catro alturas, amais do cinema o inmoble incluía dúas vivendas, dous locais e dous sotos. Unha propiedade que busca comprador.

"Sería para amañalo e face aquí un cine, un restaurante ou unha sala de concertos", apunta o seu dono.

Confía en que o edificio do antigo Cine Adriano volva algún día abrir as portas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar