Tradición e vangarda tecen o futuro do encaixe en Camariñas
A XXXV mostra do tecido reforza a súa proxección internacional coa presenza de artesás de sete países
A arte secular do encaixe segue moi viva en Camariñas que durante a Semana Santa foi estes días lugar de encontro de artesás de todo o mundo. O repenique dos palillos é unha parte insustituíble da banda sonora da vila mariñeira.
Escoitouse a ritmo trepediante na mostra do encaixe, nas mans sabias das artesás que se moven áxiles para crear pezas delicadas que son cultura e historia.
"Xa o fixeron as nosas avoas e as nosas nais e nós seguismos. O problema é que as xeracións seguintes non queren continuar, pero mentres vivamos nós seguirá a tradición", asegura unha das palilleiras camariñás.
As encaixeiras da Costa da Morte loitan por conservar unha tradición que comparten con países como Italia, a Arxentina, Portugal e Polonia, representados na mostra. Desde Cataluña chegaron as punteiras.
"As punteiras de hoxe en día queremos levar as puntas á actualidade. En Cataluña había moita tradición de facer abanicos. Nós queremos saír de aí e facer outras cousas", comentan.
A estas alturas ninguén pon en dúbida a versat.lidade do encaixe, demostrada en cada unha das coleccións dos desfiles desta edición, a trixésimo quinta. Con ela Camariñas reforza a súa proxección internacional e tece futuro.