Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os trixemelgos de Astureses fan 80 anos

Os trixemelgos de Astureses fan 80 anos

Unha familiar agasalloulles un libro coa súa emocionante historia polo aniversario

G24.gal 11/03/2026 14:32

Fixeron 80 anos os coñecidos trixemelgos de Astureses. Cando daquela naceron de imprevisto nesta aldea do concello ourensán de Boborás foi todo un acontecemento. E malia o pouco peso que tiñan e as complicacións do parto, saíron adiante e como agasallo de aniversario recibiron un libro coas súas memorias escrito por unha familiar.

O 19 de febreiro de 1946 viña ao mundo Gumersinda na súa casa de Astureses, pero a nai Consuelo, notou que algo raro estaba pasando. Sentíase e mal e levárona en padiola ata a Saleta onde de urxencia un bo samaritano levouna en coche a un centro médico á cidade de Ourense. Alí naceron sans malia as complicacións do parto Leopoldo e Angelines. Foi un milagre que saíran adiante e creceran sans e felices.

O nacemento dos trixemelgos foi un acontecemento extraordinario para esta aldea de Boborás. En Astureses devecían por xogar con estes meniños tan especiais e por collelos ao colo. E iso que Gumersianda, Leopoldo e Angelita tiñan tres irmáns máis e nos anos 50 que non era doado.

Como agasallo dos seus 80 aniversarios, a nora de Angelita escribiulles un libro contando esta peculiar historia que oito décadas despois segue dando que falar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade