Nin os novos sinais nin a baixada dos límites de velocidade acaban coas colisións na A-55
A autovía A-55 é unha das vías con maior sinistralidade de España, sobre todo ao seu paso por Mos
Catro coches chocaron cando circulaban este luns pola A-55, nunha das zonas con maior sinistralidade. Sábeno ben os que, coma Javier Couñago, traballan cos guindastres: "Sobre todo, coa chuvia hai bastantes golpes".
Hai algo máis dun mes que se instalaron novos sinais advertindo do perigo das colisións por alcance cando outros vehículos frean, e tamén se baixou en novos puntos o límite de velocidade a 60 quilómetros por hora.
Carlos Costas, xefe de Emerxencias de Mos, explica que "algo baixou a sinistralidade, sobre todo en accidentes máis graves. Agora son por alcance con menos danos materiais e persoais, pero sigue habendo sinistros polo volume de tráfico que ten esta autovía.
As limitacións non acabaron cos accidentes e os condutores lamentan que unha autovía teña límites de 60. Por esta vía circulan unha media de 70.000 vehículos cada día. O ano pasado contabilizáronse preto de 300 accidentes na autovía A-55, a maioría ao seu paso por Mos.