Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous anos de e-diabetes

Dous anos de e-diabetes

Máis de dous mil pacientes están monitorizados cun dispositivo no brazo na área de Santiago-O Barbanza

Os datos das medicións cárganse na historia clínica

O sistema permite un seguimento inmediato, próximo e directo

 

 

G24.gal 28/08/2026 15:56

Os novos dispositivos levan dous anos sendo utilizados por persoas con diabetes do centro de saúde de Vite, en Santiago. Aquí arrincou e-diabetes como un proxecto piloto.

A enfermeira Vanessa Manso explica que os candidatos son todos pacientes que dependen dunha terapia con insulina intensiva, que teñen que facer varias picadas ao día.  

Con este aparello a persoa diabética fai medicións dos seus niveis de glicosa, cando menos tres ao día, utilizando o teléfono móbil ou outro lector. Os datos trasládanse de forma automática á historia clínica e xeran estas gráficas.

"A través destas gráficas nós podemos ver se o paciente está nunha fase estable da enfermidade ou se polo contrario ten picos glucémicos que veriamos reflictido nestas gráficas", di a enfermeira.

Ademais configúranse alertas personalizadas para cada paciente, o que permite ao persoal sanitario anticiparse a complicacións que poden chegar a ser graves. 

"Agora ves en cada momento como esta o paciente e é moi próximo", explica Vanessa Manso

Na área sanitaria de Santiago-O Barbanza máis de dúas mil persoas están dentro do programa e-diabetes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade