Publicador de contidos

Publicador de contidos

Consumo abre o primeiro expediente por ocultar gastos de xestión na compra de billetes

Consumo abre o primeiro expediente por ocultar gastos de xestión na compra de billetes

A empresa investigada non incluía estes custos no prezo inicial e podería enfrontarse a unha multa de 100.000 euros

G24.gal 27/08/2026 12:53

O Ministerio de Consumo abriu un expediente sancionador a unha empresa de venda de billetes de transporte por non incluír desde o inicio da compra os gastos de xestión no prezo mostrado aos consumidores. 

Trátase da primeira actuación deste tipo desde a modificiación da Lei de Servizo de Atención á Clientela, en vigor desde o pasado decembro. A normativa obriga asempresas a informar desde o principio o prezo completo, incluídos os gastos de xestión e calquera outro custo que deba asumir o comprador. 

Consumo aclara que o procedemento se atopa aínda na fase inicial e que no existe polo momento unha proposta de sanción. A investigación previa detectou posibles irregularidades e agora o Ministerio solicitou información á empresa sobre o seu fucionamento. 

Se finalmente se confirma o incumprimento, a infracción podería supoñer unha mlta de ata 100.000 euros ou de entre seis e oito veces o beneficio ilícito obtido. 

A medida busca evitar que o prezo anunciado inicialmente aumente nas últimas fases da compra por custos que non foran comunicados ao consumidor. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade