Cargando resultados...
O rexurdimento do can de palleiro
G24.gal
12/09/2026 15:30
O can de palleiro estivo a piques de desaparecer en Galicia hai tres décadas. Desta raza galega en perigo de extinción, chegaron a quedar menos de 200 cans en todo o país.
A crianza responsable dos últimos anos axudou non só a multiplicar o número de exemplares, senón tamén a difundir as súas habilidades e a espallar o seu recoñecemento na sociedade galega.